O calendario provocou que o primeiro encontro de 2010 fose un derbi. O Ortoño desplazouse ata o Municipal de Bertamiráns para enfrontarse, en partido xa da segunda volta ao Costoia.
O tempo deu unha tregua e o xogo disputouse nun terreo mollado pero con moi boas condicións para a práctica.
O Ortoño formou con: Arturo - Víctor E.,Jorge,Grille,César(Cardelle) - Fredy(Miguel),Nica,Koky(Iván),Vítor V. - Bebeto(Moto) e Martín(Torrisi)
A primeira metade terá alternancia de ocasións para os dous equipos e virá marcada polos contínuos fóras de xogo que o árbitro (e asistente) sinalan en contra do Ortoño. Asi, no minuto 15 o colexiado anula un gol a Vítor V. por fóra de xogo a instancias do seu asistente.
O Costoia tamén chega ata a meta visitante e terá a mellor ocasión nun lanzamento cruzado dende o borde da área que marcha preto do pau esquerdo de Arturo.
No minuto 25 o árbitro sinala penalti a favor do Ortoño nun claro agarrón sobre Martín. Koky transforma a pena máxima poñendo o 0-1 no taboleiro.
A segunda metade comeza de xeito semellante á primeira, pero axiña o Costoia colle o control do xogo, sen chegar con claridade e buscando lanzamentos lonxanos mentres o Ortoño busca saídas á contra para matar o encontro.
A ocasión máis clara do Ortoño virá nunha boa xogada de Martín na que, despois de irse da súa par, busca sorprender ao porteiro cunha vaselina pero o seu lanzamento peta no longueiro.
O Costoia tería tamén unha inmellorable ocasión nun man a man que Arturo acaba solventando con moito oficio.
5.1.10
COSTOIA - ORTOÑO
31.12.09
CONVOCATORIA COSTOIA - ORTOÑO
Relación de xogadores:
1.- ARTURO
2.- CÉSAR
3.- GRILLE
4.- JORGE
5.- VICTOR E.
6.- CARDELLE
7.- FREDY
8.- VÍTOR V.
9.- KOKY
10.- NICA
11.- ÓSCAR
12.- IVÁN
13.- BEBETO
14.- MARTÍN
15.- TORRISI
16.- MOTO
HORA DE CONVOCATORIA:
DOMINGO 3 ÁS 15:00
CAMPO MUNICIPAL DE BERTAMIRÁNS
26.12.09
COMEZA O 2010
Rematou a primeira volta e dende esta páxina non podiamos desaproveitar a ocasión para facer unha pequena valoración sobre a actuación do equipo na actual tempada.
O Ortoño sitúase á fronte da táboa clasificatoria con 35 puntos dos 39 posibles, a dous puntos do segundo clasificado (Bertamiráns B) e a seis puntos do terceiro (Vila de Ordes). O Ortoño non perde en partido oficial dende maio de 2009 (Copa do Concello) e na casa mantense invicto dende marzo dese mesmo ano.
Ademáis de ser o equipo que máis tantos anota (35 goles) é, xunto co Tordoia B o segundo que menos encaixa (10), só superado polo Bertamiráns B (7). Anotando un promedio de 2,7 goles por partido e encaixando 0,8 goles por encontro.
Os goles, polo momento están distribuídos do seguinte xeito:
Queremos aproveitar a ocasión para desexarvos a todos unhas boas festas e un feliz 2010, con moitos éxitos persoais para todos vós e dende logo, éxitos colectivos para o noso clube.
PRÓXIMOS ADESTRAMENTOS DO ORTOÑO: LUNS 28 E MÉRCORES 30 ÁS 21:00 HORAS
20.12.09
BERTAMIRÁNS B - ORTOÑO
A derradeira xornada da primeira volta levou á expedición ortoñesa ata o Municipal de Bertamiráns para enfrontarse, no derbi parroquial, ao segundo clasificado e tamén invicto Bertamiráns B. Ao campo de fútbol achegouse, pese ao frío, unha boísima entrada, con máis de cen persoas entre as que se fixeron sentir, sobre todo na segunda metade, a afección ortoñesa que guiada polo show-man local J.Cardelle alentou ao equipo ata o remate do encontro.
O Ortoño saltou ao campo co seguinte once: Arturo - Víctor E.(Pablo),Jorge,Grille,César - Fredy, Nica(Nico), Aniceto, Vítor V. - Bebeto(Óscar) e Martín.
A primeira parte vai ter un dominador claro no equipo da casa. O Bertamiráns B, leva a batuta do encontro e crea perigo en xogadas a balón parado e saques de banda. O Ortoño mantense serio atrás e tenta, sen demasiada claridade, chegar arriba por medio de balóns moi longos.
O primeiro tanto chega, de xeito polémico, no minuto 20: Un centro á área pequena é rematado polo atacante local derrubando a Arturo na saída. O colexiado non entendeu como falta o encontronazo e dá por bo o tanto.
A segunda metade cambia con respecto á primeira, con mal xogo por parte dos dous equipos e cun Ortoño máis enchufado no partido e que intenta, sen moito fútbol, botarse arriba. O Bertamiráns B cae tamén nun xogo de imprecisións, chegando á área ortoñesa pero sen demasiada claridade.
O Ortoño reclamará penalti nunha xogada na que o porteiro local mide mal a saída e arrampla con Martín no lateral da área, pero nin o colexiado, nin os asistentes viron nada puñible na acción.
E xusto na recta final do encontro Fredy entra por banda dereita e cede para Martín, este vaise da súa par pola liña de fondo para tirar un centro raso que a defensa non atina a despexar e Vítor V., chegando dende atrás, coloca coa zurda lonxe do alcance do gardamallas local: 1-1.
Co tempo xa cumprido o Ortoño terá unha boa ocasión para adiantarse no taboleiro, pero o testarazo de Martín marcha arriba por moi pouquiño.
PRÓXIMO ADESTRAMENTO: MÉRCORES 23 ÁS 20:30 HORAS




